O ex partido de Yolanda Díaz en Galicia rexeita ir con ela nas eleccións europeas

Esquerda Unida-Galicia rexeita ir ás europeas en coalición con Sumar e aclara que por "diferenzas políticas", non "por postos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2024

A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida-Izquierda Unida, máximo órgano de dirección entre asembleas, decidiu rexeitar concorrer en coalición con Sumar ás eleccións ao Parlamento Europeo, que se celebran o 9 de xuño, por "diferenzas políticas" en materia europea e internacional.

Así se pronunciou a formación en Galicia despois de que Esquerda Unida pedise ás súas federacións que tivesen un debate para coñecer a postura de cada unha delas. Segundo fontes de Esquerda Unida consultadas por Europa Press, a decisión foi tomada este mesmo sábado e "todos os votos" pronunciáronse nesa dirección. En todo caso, aseguran que o motivo deste posicionamento xeral "é político, non de postos".

Con todo, estas mesmas fontes lembran que Galicia non é o órgano competente para tomar este tipo de decisións, que está previsto que se resolvan a próxima semana na Coordinadora Federal.

Así mesmo, mostráronse "sorprendidos" polas declaracións realizadas polo portavoz de EU e portavoz adxunto de Sumar no Congreso, Enrique Santiago, nas que aseguraba que a formación non contempla "outro escenario distinto" que ir ás eleccións europeas nas candidaturas de Sumar.

Desde a federación galega afirman que "non é certo" e que a decisión se tomará a semana que vén cando se recollan as opinións de todas as federacións. Algunhas como a andaluza, a asturiana ou Esquerra Unida de lles Illes Baleares si se pronunciaron a favor da alianza con Sumar nos comicios europeos.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Claro que non é por postos, só é por cartos... Eva Solla logo de cobrar 96.000 € anuais non leva nada ben quedar fóra do reparto de cargos en Madrid... Rubén xa é Secretario de Estado pero ela quedou cunha man diante e outra detrás... Eso debe facer pupa... Velaí o eterno problema da esquerda... https://gamela00.blogspot.com/2017/...


A vicepresidenta segunda e líder de Sumar, Yolanda Díaz, nun mitin en Galicia / Agostime - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.